Para empresas

Saúde Mental FEAFES Galicia pon a disposición das empresa unha rede de persoal técnico de orientación laboral, preparadores/as e prospectores/as de emprego, distribuídos/as polas principais cidades galegas e que traballan cunha bolsa de emprego de 2.287 demandantes en toda Galicia. Somos Centro Colaborador do Servizo Público de Emprego dende o ano 2002 e Axencia de Colocación dende o 2013.

OFRECEMOS ÁS EMPRESAS:

  • Análise de postos de traballo
  • Selección de persoas candidatas axustadas ao perfil do posto
  • Formación a medida na empresa a través das prácticas non laborais
  • Apoio e seguimento para o mantemento do posto de traballo

INFORMAMOS E ASESORAMOS SOBRE:

  • Axudas e subvencións
  • Bonificacións (para máis información, pica aquí)
  • Como acreditarse para cumprir coa RSC (se queres ser unha empresa Socialmente Responsable, temos a información que precisas aquí)

De xeito complementario, desenvolvemos programas de emprego como o “Programa de Emprego con Apoio”, financiado pola Consellería de Política Social e do que as empresas poden beneficiarse. Tamén temos a disposición de todos os nosos colaboradores e colaboradoras un Servizo de Asesoramento Xurídico para dar resposta a posibles dúbidas ou cuestións de carácter legal.

E se tes dúbidas ou precisas máis información, non dubides en contactar connosco aquí.